Secretaría Uvigo - Fabricación por impresión 3D e caracterización de materiais compostos reforzados con fibra longa

Fabricación por impresión 3D e caracterización de materiais compostos reforzados con fibra longa

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: José Antonio Pérez García
Titoría: María Consuelo Pérez Vázquez
Tribunal Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Secretaría: Iria Feijoó Vázquez
Vogalía: José Ignacio Iglesias Prado
ResumoA finalidade deste proxecto é obter por fabricación aditiva un material composto de matriz polimérica reforzada con fibra longa de lousa.
Preténdese que o método de produción de ditas probetas sexa a fabricación aditiva FDM (Fused Deposition Modeling), polo que hai que deseñar unha utillaxe que suxeite, aliñe e tense aas fibras e poida ser introducido e anclado a unha máquina de impresión 3D. Para iso farase un estudio das impresoras 3D dispoñibles e unha xeración de alternativas de anclaxe da utillaxe a cada unha delas, para así seleccionar o procedemento máis axeitado e empezar o deseño a partir de aí. Tamén se debe dimensionar e deseñar as probetas a fabricar (segundo normativa), que serán as axeitadas para os ensaios de tracción e de Charpy.
Unha vez deseñada a utillaxe, fabricarase e verificarase o seu funcionamento para así poder comezar coa fabricación das probetas necesarias.
En canto ás probetas, fabricaranse de distintos materiais compostos (variando a porcentaxe en volume de fibra que conteñan). Ademáis, tamén se fabricarán probetas ?brancas? (sen reforzo) para que sirvan de referencia á hora de caracterizar os materiais compostos.
Por último, comprobarase o aporte de propiedades mecánicas do reforzo mediante os ensaios xa mencionados, analizando os resultados e, no seu caso, propoñendo posibles melloras da investigación.
Volver