Secretaría Uvigo - Análise xeométrico de ensaios de fabricación de cordóns e paredes horizontais, con velocidade de fío constante de aluminio 5356 mediante fabricación WAAM.

Análise xeométrico de ensaios de fabricación de cordóns e paredes horizontais, con velocidade de fío constante de aluminio 5356 mediante fabricación WAAM.

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Vogalía: David Álvarez González
Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Secretaría: Antonio Fernández Ulloa
ResumoO traballo de fin de grao a desenvolver centrarase no estudo e aplicación da tecnoloxía de fabricación WAAM (Wire Arc Additive Manufacturing) para a obtención de paredes horizontais utilizando fío de aluminio 5356.
O estudo divídese en diferentes etapas, cada unha con obxectivos específicos a cumprir. En primeiro lugar, analizarase o comportamento xeométrico, realizando medicións de altura, espesor e lonxitude dos cordóns unitarios ao variar a velocidade de proceso. Isto permitirá comprender como a velocidade inflúe na formación dos cordóns.
A continuación, investigarase o comportamento xeométrico de paredes verticais compostas por 5 capas, variando o tempo de arrefriamento entre capas e a velocidade de proceso. Este análise proporcionará información sobre como estes parámetros afectan a xeometría e calidade das paredes fabricadas.
Con base nos resultados das etapas anteriores, procederase á selección dos parámetros óptimos, centrándose na optimización do ancho e do tempo de fabricación, para obter resultados precisos e consistentes na obtención das paredes horizontais desexadas.
Finalmente, realizarase a fabricación das paredes horizontais aplicando os parámetros óptimos determinados previamente. Comprobarase que existe volume de material suficiente para mecanizar polo menos unha peza de ensaio a tracción segundo ISO 6892-1:2019.
Volver