Secretaría Uvigo - Análise xeométrico e fabricación de ensaios de fabricación de cordóns e paredes de Aluminio 5356 mediante fabricación WAAM.

Análise xeométrico e fabricación de ensaios de fabricación de cordóns e paredes de Aluminio 5356 mediante fabricación WAAM.

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Vogalía: David Álvarez González
Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Secretaría: Antonio Fernández Ulloa
Resumo O proxecto trata de realizar un análise xeométrico e fabricación de paredes verticais de Al 5356 sobre un substrato de Al 5083. Estes teñen que ser o suficientemente grandes como para que posteriormente se poidan extraer probetas para realizar ensaios de tracción ou metalográficos.
Para iso, o proxecto levarase a cabo no taller mecánico da sede da cidade da EEI, onde se utilizará principalmente a máquina de fabricación WAAM, integrada por un centro de mecanizado e un sistema de soldadura CMT Fronius.
Comeza cun experimento previo facendo cordóns de soldadura, con Al 5356 como material de recheo e Al 5083 como substrato, aos que se lles varía a velocidade de avance da antorcha. Por cada velocidade de avance que se establece, realizaranse tres cordóns iguais, e unha vez dispoñibles todos os cordóns levaranse a cabo diferentes medicións de altura e anchura coa axuda do calibre. Unha vez recollidas as medidas, seleccionaranse os cordóns en función da súa desviación media e do seu aspecto.
Despois disto, pasase ao segundo experimento previo, no que se farán paredes de 5 capas coas velocidades de avance previamente seleccionadas, e onde se empregará o sistema "Go and Force" ou tamén denominado "Ida e Volta", no cal se realizarán capas tanto no movemento de ida como no de retorno da antorcha. Para este experimento realizarase o mesmo proceso que no experimento anterior, pero engadirase un parámetro variable maior, que é o tempo de arrefriamento entre capas, onde este será de 30 ou 90 segundos. Polo tanto é necesario facer 3 muros de 5 capas por cada velocidade de avance e tempo de arrefriamento.
Unha vez obtidas as paredes e as medidas, seleccionarase a velocidade de avance e o tempo de arrefriamento para o experimento final en función do ratio de crecemento.
Finalmente, procedese a realización das paredes co obxecto de mecanizar as probetas para obter os ensaios de tracción.
Volver