Secretaría Uvigo - Plan de innovación nunha empresa galega de autobuses

Plan de innovación nunha empresa galega de autobuses

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Antonio Sartal Rodríguez
Tribunal Vogalía: José Luis González Cespón
Presidencia: Manuel Doiro Sancho
Secretaría: Óscar García Álvarez
ResumoHoxe en día, son moitos os retos aos que se enfrontan as empresas. A innovación, preséntase como motor do cambio de todas as empresas, pero debe selo máis aínda nos sectores que están a vivir unha gran transformación.

Este é o caso da nosa empresa. A mesma enfróntase a un concurso público de renovación de concesión municipal. Por iso é preciso estar nas mellores condicións.

Con este traballo, analizaranse os factores externo da empresa. Para iso utilizaremos a denominada análise PESTEl. No mesmo analizaranse os factores políticos, económicos, sociais, tecnolóxicos, escológicos e legais.

Tras iso, analizaranse os factores internos da empresa. Para iso, utilizaranse as Forzas de Porter. Ameaza de novos competidores, poder de negociación con clientes e provedores e competencia entre competidores.

Tras esta análise unida ao mapa de procesos, poderase expor un DAFO. Co mesmo exporase a estratexia de innovación dos puntos nos que se debe fortalecer a empresa.

Neste punto, exporase a carteira de proxectos. Analizando as diferentes alternativas centrándonos no eixo central de mellorar a frota de vehículos. Farase unha análise técnica-financeiro de proles e contras de cada opción (entre electrificación, tecnoloxías de hidrogeno ou hibridación).

Por ultimo exporase os prazos, axudas públicas e posibilidades de financiamento.
Volver