Secretaría Uvigo - Redistribución do almacén de expedicións dunha empresa da industria do metal

Redistribución do almacén de expedicións dunha empresa da industria do metal

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jesús García Arca
Tribunal Vogalía: José Luis González Cespón
Presidencia: Manuel Doiro Sancho
Secretaría: Óscar García Álvarez
ResumoA través deste proxecto tratarase a situación do almacén de expedicións dunha empresa do sector do metal centrada na fabricación, venta e instalación de chemineas modulares.
A distribución do almacén de expedicións e o stock a almacenar de cada referencia está definida polo volume de ventas do exercicio anterior aínda que, na situación inicial, estes datos eran os do exercicio 2019, polo que se atopaban completamente desactualizados. Debido a isto, estudiarase a situación de partida e características do almacén e instalacións da empresa, ademais de definir os aspectos a mellorar da súa distribución.
As ferramentas empregadas para levar a cabo este proxecto foron, principalmente, útiles de medición e escritura, Microsoft Word e Microsoft Excel, empregado para a representación da distribución dos lineais e o rexistro das localizacións, así como para a creación do SSA o ?Estándar de Stock Ampliado?, utilizado para determinar as referencias estocables.
Unha vez creado e completado o plan de mellora, formado por unha serie de propostas cos seus presupostos correspondentes, implantarase no almacén de expedicións e estudiarase tanto a inversión real do proxecto como os resultados e conclusións obtidas.
Volver