Secretaría Uvigo - Análise, mellora e estandarización de procesos nunha empresa do sector da siderurxia

Análise, mellora e estandarización de procesos nunha empresa do sector da siderurxia

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Secretaría: María de los Angeles Sandoval Pérez
Presidencia: Begoña Urgal González
Vogalía: Antonio Fernández Álvarez
ResumoEste Traballo Fin de Grao elaborouse nunha empresa multinacional adicada á producción de fío encapsulado para aplicacións en metalurxia, suministro de ferroaleacións de alta calidade e suministro do equipamento necesario para a implementación da tecnoloxía do encapsulado.

O obxectivo principal enfócase en reducir o tempo que a liña esta parada, debido ó cambio de bobina, cambio de produto e cambio de rodetes a través das técnicas SMED, dada a necesidade de conseguir un aumento de capacidade e flexibilidade produtiva.

Tras aplicar o sistema SMED e coa proposta dunha serie de melloras técnicas buscarase implementar a estandarización das distintas actividades implicadas no proceso xa que na actualidade hai muita disparidade á hora de facer estas operacións, todo isto co obxectivo de optimizar o proceso produtivo, aumentando a disponibilidade da máquina grazas ó aforro de tempo improdutivo e, ademais, unha maior implicación da cultura Lean Manufacturing.

Para finalizar preténdese implementar un sistema onde prime a mellora continua e que se caracterice por unha adaptación constante para sentar as bases dunha boa xestión empresarial e optimizar os procesos para non perder competitivide así como amortecer o impacto dos cambios citados previamente o máximo posible.
Volver