Secretaría Uvigo - Revitalización das actividades de mellora continua nunha empresa do sector da automoción.

Revitalización das actividades de mellora continua nunha empresa do sector da automoción.

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Secretaría: María de los Angeles Sandoval Pérez
Presidencia: Begoña Urgal González
Vogalía: Antonio Fernández Álvarez
ResumoEste Traballo Fin de Grao céntrase na revitalización das ferramentas do Management Control que quedaron en desuso nás distintas áreas (embutición, ferraxe, pintura, montaxe, calidade e loxística) dunha empresa do Sector da Automoción en Vigo.
O Management Control é un proceso de mellora continua que permite ós traballadores de forma diaria/semanal/mensual reaccionar, medir, priorizar e resolver problemas, comprender a actividade e así tomar as mellores decisións en cada nivel.
A primeira parte do proxecto consiste en analizar a situación inicial, para iso explícase polo míudo a función de cada unha das ferramentas de Management Control, que soportes de xestión visual utilizan, quen se encarga de levalas a cabo e como. A continuación, avalíase o grao de utilización de cada unha nas distintas áreas.
Unha vez estudados os resultados, realízanse reunións cos responsables de cada quenda, para proponer accións de mellora e ó mesmo tempo escoitar as súas suxestións, co obxectivo de adecuar da mellor forma posible os taboleiros á unidade elemental de traballo.
Finalmente, compróbase a efectividade das medidas adoptadas no terreno, observando a correcta comprensión e animación das mesmas por parte de todos os traballadores, xa que son parte fundamental da organización.
Volver