Secretaría Uvigo - Envases na industria alimentaria na transición cara á economía circular: unha análise de superficies comerciais e prácticas actuais

Envases na industria alimentaria na transición cara á economía circular: unha análise de superficies comerciais e prácticas actuais

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Gonzalo Benito Méndez Martínez
Cotitoría: Ramón Plana-Gonzalez Sierra
Tribunal Vogalía: María del Pilar Piñeiro García
Presidencia: María Isabel Doval Ruiz
Secretaría: María del Rocío Rodríguez Daponte
ResumoDende hai décadas os residuos plásticos non paran de crecer, aparecendo en contornas naturais e provocando a deterioración dos mesmos debido á súa gran persistencia no medio ambiente. O principal responsable é con diferenza o sector do envasado, mediante o cal, existe unha sobreprodución destes artigos. Moitos destes produtos, definidos como desbotables, son causantes deste gran problema de contaminación ao que nos enfrontamos. En razón de todo isto, hai algúns anos comezouse a escoitar falar de termos como bioplásticos, plásticos compostables ou biodegradables, os cales prometían ser máis amigables ou máis sostibles co medio ambiente.
O propósito deste traballo é comprobar canto de sostibles son este tipo de envases co medio ambiente, aclarar dúbidas sobre eles e proporcionar algo de luz sobre o seu uso polo público en xeral e a súa identificación para o posterior consumo. Para iso, realizouse unha investigación a través múltiples consultas a distintas superficies comerciais seleccionadas, ademais de procuras nas súas páxinas web de responsabilidade social corporativa.
Este estudo proporciónanos como principais conclusións que os envases compostables ou biodegradables, á fin e ao cabo, seguen presentando importantes problemas baixo os mesmos principios de xestión que os envases de plástico convencionais. Non obstante, se se cumpren unha serie de premisas que son detalladas ao final do traballo, realmente habería posibilidades de que os beneficios potenciais de estes materiais sexan reais.

Palabras chave: Envases Compostables, Envases lixeiros, Industria alimentaria, Residuo, Consumo, Prevención.
Volver