Secretaría Uvigo - Residuos sector construcción e demolición: situación actual e propostas de mellora

Residuos sector construcción e demolición: situación actual e propostas de mellora

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Cotitoría: María del Pilar Piñeiro García
Titoría: Lucía Díaz Vilariño
Tribunal Secretaría: María del Rocío Rodríguez Daponte
Presidencia: Miguel Enrique Rodríguez Méndez
Vogalía: Brais Suárez Eiroa
ResumoO sector da construción é o sector que máis residuos produce na Unión Europea, xerando un terzo de todos os residuos producidos anualmente. Na actualidade, a xestión destes residuos está avanzada, non obstante, aínda que existen diferentes plantas de tratamento, os materiais obtidos son de baixa calidade e só se empregan nun número limitado de aplicacións. Isto, sumado á gran cantidade de residuos xerados, implica un grave problema. En España, esta taxa de tratamento é menor, debido a diferentes características rexionais como as baixas taxas de vertido ou a cantidade de materia prima dispoñible.
Ante esta problemática e á crecente necesidade de controlar estes residuos nun momento de crecemento urbanístico e tecnolóxico, preséntase unha análise bibliográfica da situación actual destes residuos e das súas posibilidades de mellora. O obxectivo deste traballo é avaliar a situación actual e a xestión dos residuos da construción para identificar e analizar puntos a mellorar e medidas a implementar. Para iso, seguirase a seguinte estrutura. En primeiro lugar, realizouse unha investigación sobre os marcos de xestión actuais en España e as recomendacións desde diferentes puntos de vista realizadas por distintos actores. Deste xeito, avaliáronse as recomendacións da Comisión Europea para a xestión destes residuos. En segundo lugar, analizáronse posibles actuacións aplicables ao sector desde o punto de vista da superación de retos e da integración de novas oportunidades, entre as que destaca a progresiva transformación cara a un sistema máis circular. Finalmente, identificáronse focos de actuación e futuras melloras a implantar para a optimización dun sector tradicional, ao que históricamente se lle prestou pouca atención pero que supón unha gran oportunidade, tanto pola cantidade de residuos xerados, como pola ampla gama de actuacións na súa xestión.
A finalización deste traballo permitiunos comparar diferentes medidas de xestión para a posible mellora dos residuos xerados. Esta análise permitiu identificar as principais liñas de actuación en materia de minimización e tratamento orientadas a corrixir os problemas asociados aos residuos de construción e demolición.
Volver