Secretaría Uvigo - Deseño e implantación do proceso de fabricación en serie de pescantes para plataformas eólicas mariñas nunha empresa auxiliar naval

Deseño e implantación do proceso de fabricación en serie de pescantes para plataformas eólicas mariñas nunha empresa auxiliar naval

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Ana María Mejías Sacaluga
Tribunal Secretaría: Roberto Bellas Rivera
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: José Carlos Troncoso Saracho
ResumoA empresa onde se realizará este traballo foi fundada en 1965 e a súa actividade céntrase no desenvolvemento de maquinaria para o sector naval. Este sector caracterízase pola elaboración de produtos personalizados, raramente en serie, con altos custos unitarios e cun longo período de construción.
A gama de produtos da empresa abarca todos os equipos de cuberta dos buques, tanto civís coma militares. Ademais do sector naval, dedícase aos sectores enerxético e mineiro, ofrecendo: guindastres para terminais de gasificación, para parques eólicos mariños ou equipos de perforación hidráulica.
Aproveitando o auxe da enerxía eólica mariña e que, a diferenza do sector naval, os pedidos de abastecemento dos parques eólicos están compostos por varias unidades de produto e todas elas iguais, xorde a necesidade de cambiar o modelo produtivo, pasando a estandarizar a fabricación de estos equipos. Actualmente, ten un pedido de 50 pescantes para un novo parque eólico e preténdese que este encargo sirva de proba ou prototipo para futuros proxectos.
Na situación actual, non hai información suficiente para realizar un control exhaustivo da produción. Non existen diagramas de secuencia creados co conxunto de operacións a realizar nin traballos definidos. Non existe un estándar de operacións que se deba realizar en cada orde de fabricación. Todo isto provoca unha baixa eficiencia: tempos improdutivos, cansazo acumulado por parte dos operarios con maior carga de traballo, etc.
A idea deste traballo naceu, pois, da necesidade de abordar este novo escenario. A partir das observacións e valoracións da produción actual desenvolverase un estándar de traballo eficaz. Para iso, tentarase eliminar ou reducir todas aquelas operacións que non aporten valor ao produto, optimizando as que o fagan.
Volver