Secretaría Uvigo - Control de niveis de contaminación acústica IoT.

Control de niveis de contaminación acústica IoT.

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Soto Campos
Tribunal Vogalía: José Fariña Rodríguez
Secretaría: Camilo Quintáns Graña
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
ResumoA contaminación é un dos principais problemas aos que se enfronta o mundo dende a revolución industrial e, dende fai décadas, estanse a tomar medidas para rexistrar os seus niveis e frear as súas consecuencias. Nos últimos anos, a tecnoloxía IoT ou ?Internet das cousas? a través de dispositivos intelixentes conectados á nube, entrou neste campo para o control de moitos tipos de contaminación. Habitualmente, cando se fala de contaminación, pénsase en gases ou vertidos químicos aínda que existen outras fontes de contaminación igualmente prexudiciais pero menos recoñecidas como o é a contaminación acústica.

Os dispositivos homologados en España para a medición de ruídos están minuciosamente regulados, o que implica que os prezos destes aparellos de medida son bastante caros e isto fai inviable ter un aparello homologado medindo a tempo real.

Este TFG está orientado á creación dun sistema de medición de niveis de presión acústica capaz de tomar mostras, procesalas e envialas á nube para o control en tempo real dos niveis de ruído. O TFG ten como obxectivo facilitar o control da contaminación acústica a través dun dispositivo cunhas prestacións o mais preto posible aos instrumentos de medición homologados por un prezo económico pero, en ningún caso, ten como obxectivo cumprir todas as especificacións da norma IEC 61672-1 que regula os sonómetros homologados.
Volver