Secretaría Uvigo - Análise de Exercicio Físico mediante Visión Artificial

Análise de Exercicio Físico mediante Visión Artificial

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Javier Martínez Torres
Cotitoría: Noelia Bazarra García
Tribunal Vogalía: José Fariña Rodríguez
Secretaría: Camilo Quintáns Graña
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
ResumoA visión artificial é unha tecnoloxía que permite ás máquinas procesar e analizar imaxes ou vídeos para recoñecer patróns visuais. A realidade aumentada é outra tecnoloxía que ofrece a posibilidade de engadir capas de elementos virtuais creados dixitalmente sobre imaxes.

No mundo en que vivimos, onde a dixitalización está presente en todos os ámbitos da nosa vida, a combinación de ambas as tecnoloxías ofrece un amplo abanico de posibilidades. Neste TFG profundarase no desenvolvemento dunha solución que empregando ambas, proporcione vantaxes para os usuarios e especialistas do ámbito do deporte.

Para iso empregaranse varias ferramentas de programación en Python, e unha cámara HD e seguiranse unha serie de pasos ata alcanzar o obxectivo de ofrecer unha aplicación testada para a análise de exercicios de deporte, xa sexa para a mellora do rendemento ou con fins médicos.
Volver