Secretaría Uvigo - Deseño dun sistema de control, adquisición e monitorización de datos online para un reactor de tratamento electroquímico de efluentes.

Deseño dun sistema de control, adquisición e monitorización de datos online para un reactor de tratamento electroquímico de efluentes.

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: María Ángeles Sanroman Braga
Titoría: Emilio Rosales Villanueva
Tribunal Vogalía: José Fariña Rodríguez
Secretaría: Camilo Quintáns Graña
Presidencia: Rafael Verdugo Mates
ResumoOs obxectivos do desenvolvemento sostible da ONU establecen o dereito ao acceso a fontes de auga. A presencia de contaminantes na mesma, como son os contaminantes emerxentes, afectan a súa calidade e dificultan o seu uso e/ou reutilización. Para solucionar dito problema, desenvolvéronse diversos sistemas de tratamento convencionais, pero requírense tratamentos específicos para a eliminación destes compostos emerxentes como son os produtos farmacéuticos, entre os que destacan os tratamentos baseados en procesos de oxidación avanzada (POA).
A emerxencia destas novas tecnoloxías e a súa optimización require do desenvolvemento de novos sistemas de control eficientes, así como a monitorización e rápida adquisición de datos para telos dispoñibles nunha plataforma online. Para iso pódense utilizar distintas tecnoloxías existentes que permiten a comunicación entre dispositivos (HTTP, TCP/IP ou MQTT), a programación de microcontroladores (Visual Studio Code ou Arduino) e a monitorización de datos (Ubidots, Adafruit IO ou Thingspeak).
Neste traballo fin de grao preténdese realizar o deseño e a posta en marcha dun sistema de control dun POA baseado en procesos electroquímicos, a escala piloto de laboratorio, todo iso mediante o uso de microcontroladores ESP-32, a súa programación en Arduino e empregando Thingspeak para a monitorización de datos. Con iso actuarase sobre bombas, sondas e sensores que permitan controlar e regular datos operacionais de caracter químico en función dos datos obtidos das sondas, todo isto a través da comunicación por MQTT entre microcontroladores, debido a súa fácil execución, e a súa actualización e representación na plataforma de Thingspeak. Ademais, terá unha interface home-máquina (IHM) para o axuste dos límites de actuación dos equipamentos e visualización dos datos previamente mencionados.
Volver