Secretaría Uvigo - Sistema de control de accesos nun centro educativo con Raspberry Pi

Sistema de control de accesos nun centro educativo con Raspberry Pi

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática (Curso Ponte)
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ignacio Armesto Quiroga
Cotitoría: Pedro Orgeira Crespo
Tribunal Vogalía: Fernando Machado Domínguez
Secretaría: Alejandro Fernández Villaverde
Presidencia: Andres Augusto Nogueiras Meléndez
ResumoProponse levar a cabo un proxecto que permita implementar un sistema de control de accesos que conste, basicamente, de:
? Módulos de entrada: situados en cada porta e compostos por unha placa Raspberry Pi, pantalla LCD, lector de tarxetas RFID, teclado 3x4, Picamera, módulo de relé e fechadura electromecánica.
? Módulo central: situado no departamento de electrónica, realiza tanto as funcións de servidor onde se aloxa a base de datos dos usuarios como dun terminal de uso xeral sobre o que executar a aplicación de xestión de accesos. Está composto por un PC, monitor, lector / gravador de tarxetas RFID, rato e teclado.
Con este proxecto trátase de profundar en tecnoloxías de interese para a aplicación didáctica na aula cos alumnos aproveitando as múltiples funcionalidades que ofrece a Raspberry Pi e aplicacións empregadas de forma cotiá como RFID, recoñecemento facial ou de obxectos, bases de datos, servidores, programación en Python e Kivy etc.
Volver