Secretaría Uvigo - Planos de evacuación 3D interiores para persoas con discapacidade visual.

Planos de evacuación 3D interiores para persoas con discapacidade visual.

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Jesús Balado Frías
Titoría: Lucía Díaz Vilariño
Tribunal Presidencia: Enrique Paz Domonte
Vogalía: Jorge Marcos Acevedo
Secretaría: Alejandro Gómez Yepes
ResumoAs persoas con discapacidade visual constitúen un colectivo en risco de exclusión. Aínda que a súa mobilidade en entornos coñecidos so se ve interrompida pola existencia de obxectos dinámicos, os entornos novos supoñen todo un reto de exploración. Ademais desta dificultade, o emprego de mapas visuais convencionais ou Apps de navegación non é posible.
Neste contexto, o obxectivo deste traballo é o deseño e impresión de planos de evacuación tridimensionais ca fin de apoiar a orientación e mobilidade de persoas con deficiencia visual en entornos interiores. Estes modelos de evacuación serán xerados a partir da adquisición de datos LiDAR que permiten representar con alta precisión a xeometría dos elementos construtivos que compoñen un edificio existente. A partir deles, deseñarase un modelo 3D do edificio, que inclúa sinais de evacuación e símbolos de elementos de protección contra incendios. Este modelo será finalmente prototipado nunha impresora 3D, para o cal, se estudiarán cales serán as escalas e texturas máis axeitadas para o seu recoñecemento e interpretación táctil.
Volver