Secretaría Uvigo - Metodoloxía para a creación dun plan estratéxico de transformación dixital para unha empresa industrial.

Metodoloxía para a creación dun plan estratéxico de transformación dixital para unha empresa industrial.

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Tribunal Presidencia: Enrique Paz Domonte
Vogalía: Jorge Marcos Acevedo
Secretaría: Alejandro Gómez Yepes
ResumoNa era da transformación dixital, as empresas industriais afrontan a necesidade de adaptarse e aproveitar as novas tecnoloxías para manterse competitivas no mercado. O presente traballo de fin de grado céntrase no desenvolvemento dun marco para a creación dun plan estratéxico de transformación dixital deseñado especificamente para empresas do sector industrial. O obxectivo principal deste TFG é proporcionar ás empresas industriais unha guía práctica que lles permita aproveitar as oportunidades que ofrece a transformación dixital. A metodoloxía proposta basearase nun enfoque paso a paso, dende a avaliación inicial da situación da empresa ata a implantación e seguimento das iniciativas de transformación dixital. A finalidade é polo tanto facilitar o traballo da propia empresa ou dunha entidade externa para a realización dun diagnóstico interno baseado en ferramentas como HADA, a metodoloxía 6P ou outro tipo de cuestionario inicial a partir do cal realizarase unha serie de recomendacións base estándar dependendo dos resultados do diagnóstico que axuden a acelerar a creación deste tipo de planes estratéxicos.
Volver