Secretaría Uvigo - Instalación solar fotovoltaica en réxime de autoconsumo colectivo en edificio en Cangas do Morrazo.

Instalación solar fotovoltaica en réxime de autoconsumo colectivo en edificio en Cangas do Morrazo.

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Eloy Díaz Dorado
Titoría: Camilo José Carrillo González
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Secretaría: Edelmiro Míguez García
Titoría: Fernando Lusquiños Rodríguez
ResumoO obxectivo do documento é o de proxectar unha instalación solar fotovoltaica, conectada á rede, sen acumulación de enerxía eléctrica, destinada ao consumo propio, conectada ao punto de suministro dos consumidores e sen rexistrar como instalación de produción de enerxía eléctrica; no edificio nº 51 de avenida Félix Ozamiz, un bloque de vivendas con locais comerciais, na localidade de Cangas do Morrazo, garantindo o cumprimento da normativa vixente. A instalación realizarase na cuberta do edificio e constará de paneis solares fotovoltaicos, repartidos entre as dúas augas da cuberta, instalados a unha inclinación determinada que xerarán enerxía para os propietarios da instalación. A enerxía xerada estimarase a partir dos datos de radiación solar obtidos en organismos estatais.
Este documento tamén ten como obxectivo decidir os coeficientes de autoconsumo da enerxía xerada para os distintos propietarios, dependendo das necesidades de cada un, así como o aforro que a instalación supón para estes, tanto ao final da vida útil da instalación, como o aforro medio, tanto anual como mensual.
Volver