Secretaría Uvigo - Deseño dun aeroxerador síncrono multipolar de imáns permanentes con rotor externo de accionamento directo.

Deseño dun aeroxerador síncrono multipolar de imáns permanentes con rotor externo de accionamento directo.

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Xosé Manuel López Fernández
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Secretaría: Edelmiro Míguez García
Titoría: Fernando Lusquiños Rodríguez
ResumoEste traballo céntrase no deseño dun aeroxerador síncrono de alta potencia con rotor externo de imáns permanentes e configuración de accionamento directo.

En primeiro lugar, faráse unha breve análise da tecnoloxía eólica actual, para proseguer cun estudo sobre o estado actual das distintas configuracións posibles para un aeroxerador destas características. Tamén se comentarán as posibilidades existentes no que ós materiais utilizados se refire. Mediante o Método de Cálculo de Elementos Finitos (FEM) preténdese extraer as características de comportamento da máquina, coa finalidade de realizar unha comparativa entre as configuracións de rotor externo e a máis clásica de rotor interno.

Para rematar, implementaráse un modelo en Simulink co obxectivo de visualizar o comportamento do xerador ante distintas condicións ambientais, como unha variación na velocidade do vento.
Volver