Secretaría Uvigo - Análise da hibridación dun autobús con placas solares.

Análise da hibridación dun autobús con placas solares.

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Eloy Díaz Dorado
Titoría: Camilo José Carrillo González
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Secretaría: Edelmiro Míguez García
Titoría: Fernando Lusquiños Rodríguez
ResumoHoxe en día existen importantes problemas ambientais debido ao consumo de combustibles fósiles, polo tanto, debese reducir coa axuda doutras enerxías como as renovables. Por iso, esta análise da rendibilidade do aproveitamento da enerxía solar realízase para o viaxe de ida e volta, que se realiza mediante un autobús diésel da empresa Rías Baixas, entre Pontevedra e Cuvi (Vigo). Transformando o autobús diésel nun híbrido para que parte do traxecto se realice coa axuda de placas solares, baterías e un motor eléctrico. Estes tres elementos mencionados anteriormente teñen que estar sempre correlacionados tendo en conta as dimensións do bus e as características eléctricas que posúe.
Tendo en conta que só realiza o traxecto en días lectivos, é posible obter o consumo de enerxía durante o ano e a enerxía solar durante o traxecto. Con isto pódese realizar un balance enerxético e un estudo da rendibilidade económica e enerxética e do impacto do peso dos compoñentes que son necesarios para o aproveitamento enerxético dos paneis, co fin de estimar a rendibilidade da devandita instalación con respecto ao investimento inicial.
Volver