Secretaría Uvigo - Deseño e análise estrutural e térmico dun aterrizador en Venus: Afrodita

Deseño e análise estrutural e térmico dun aterrizador en Venus: Afrodita

Data de defensa20/07/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Uxía García Luis
Titoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Vogalía: Diego González Salgado
Secretaría: Laura De la Torre Ramos
Presidencia: Arno Formella
ResumoNa década de 1960, comezaron as misións a Venus, e no ano 1970, a Venera 7 da Roscosmos conseguiu a primeira aterrizaxe dunha sonda neste planeta, chegando a retransmitir datos durante 23 minutos. O avance das misións Venera fixo que este tempo incrementase certa cantidade, ata acadar o seu máximo de 127 minutos coas Venera 13 e 14. Desde 1985 non se volveu mandar ningún módulo de descenso a este planeta.

Neste traballo proponse un novo deseño de aterrizador e procédense a realizar diversas análises térmicas e estruturais coas que se busca superar a vida útil destas misións. Ademáis, compararanse os resultados obtidos para dúas aliaxes e dúas altitudes diferentes para posible aterrizaxe, á vez que modificando o tamaño de diferentes partes da estrutura de forma que se cumpran os obxectivos propostos.

A misión principal deste aterrizador será analizar a xeoloxía do planeta na búsqueda de evidencias de posibles procesos xeolóxicos, como pode ser actividade volcánica.
Volver