Secretaría Uvigo - Desarrollo de algoritmos de path planning y obstacle avoidance para solucións de mobilidade aerea avanzada

Desarrollo de algoritmos de path planning y obstacle avoidance para solucións de mobilidade aerea avanzada

Data de defensa20/07/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Higinio González Jorge
Cotitoría: Luis Miguel González de Santos
Tribunal Vogalía: Diego González Salgado
Secretaría: Laura De la Torre Ramos
Presidencia: Arno Formella
ResumoNeste traballo abórdase o desafío de desenvolver solucións para o uso de Vehículos Aéreos Non Tripulados (UAVs) na loxística e transporte, así como na mobilidade aérea avanzada. Destácase o potencial dos UAVs na entrega de paquetes e no transporte de persoas, o cal podería reducir o tempo de entrega, diminuír o tráfico e minimizar a pegada de carbono.

Para facer realidade estas aplicacións, é necesario establecer un marco normativo que permita operacións autónomas con UAVs. Neste sentido, están a desenvolverse conceptos como a Mobilidade Aérea Avanzada (AAM) e o proxecto U-Space, que buscan mellorar a eficiencia do transporte e a compartición do espazo aéreo entre aeronaves tripuladas e non tripuladas.

Ademais, destácase a importancia dos vertiports, que son infraestruturas para o aterrizaxe e despegue das aeronaves en zonas urbanas. A guía de especificacións técnicas publicada por EASA establece requisitos detallados para o deseño destes vertiports.

O presente traballo enfócase no desenvolvemento de algoritmos de planificación de ruta que permitan a navegación autónoma segura dos UAVs. Estes algoritmos calculan rutas seguras, tendo en conta a xeometría e as restricións do vertiport, así como as condicións meteorolóxicas locais (microweather). Para iso, realizouse un análise CFD (Computational Fluid Dynamics) do entorno do vertiport, creando unha base de datos de velocidades de vento.
Volver