Secretaría Uvigo - Deseño e fabricación de xeometría en aluminio mediante Wire Arc Additive Manufacturing (WAAM)

Deseño e fabricación de xeometría en aluminio mediante Wire Arc Additive Manufacturing (WAAM)

Data de defensa20/07/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Alejandro Pereira Domínguez
Titoría: Diego Carou Porto
Tribunal Presidencia: Matías García Rivera
Secretaría: Alejandro Jacobo Cabrera Crespo
Vogalía: María Arias Vázquez
ResumoEste Traballo Fin de Grao caracterízase pola fabricación mediante un proceso de fabricación aditiva metálica dunha xeometría a deseñar. En concreto, deseñarase e fabricarase unha peza cuxa xeometría será similar, pero a escala, á de parte da estrutura dun Cubesat. O material de fabricación será a aliaxe de aluminio Al2319, cuxo compoñente principal de aliaxe é o cobre. O proceso de fabricación empregado é WAAM (do inglés Wire Arc Additive Manufacturing).
A primeira parte do traballo baséase nunha revisión da literatura sobre fabricación aditiva metálica, centrándose no WAAM. Investigaranse as fases do proceso de fabricación, os parámetros implicados e os resultados obtidos noutros estudos. A continuación, desenvolverase e executarase un procedemento experimental no que das probas realizadas se extraerán conclusións sobre os parámetros de proceso e deseño. Estas conclusións aplicaranse na fabricación da peza final. Posteriormente fabricarase a peza e realizarase unha análise xeométrica e unha análise metalográfica. Finalmente, mecanizarase a peza, axustando as súas dimensións ao deseño realizado.
Volver