Secretaría Uvigo - Sistema de inspección ferroviario basado en LiDAR e fotogrametría

Sistema de inspección ferroviario basado en LiDAR e fotogrametría

Data de defensa19/07/2023
TitulaciónMáster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Higinio González Jorge
Cotitoría: Fernando Veiga López
Tribunal Vogalía: Matías García Rivera
Presidencia: Joaquín Martínez Sánchez
Secretaría: José Ramón Salgueiro Piñeiro
ResumoEste documento presenta o deseño e implementación nunha dresina dun sistema de inspección ferroviaria baseado en sistemas LiDAR e fotogrametría. O sistema ten como obxectivo detectar problemáticas nas vías de ferrocarril, como gretas nas travesas, a suxeición deficiente das grapas e mala distribución do balasto.

A través do uso de cámaras con obturador global e sensores LiDAR, lógrase capturar datos en movemento e deseñar un algoritmo de calibración automático para mellorar a calidade das imaxes en diversas condicións de iluminación. Ademais, obtéñense datos de posición e orientación con alta precisión para poder xeorreferenciar o sistema.

O proxecto tamén inclúe a configuración e implementación dos dispositivos necesarios utilizando unha Raspberry Pi 4, xunto co deseño dunha interface de usuario intuitiva para unha comunicación sinxela co operario.

Non obstante, a pesar de atoparse nunha etapa de desenvolvemento con aspectos pendentes de mellora, este proxecto representa un avance significativo na inspección ferroviaria ao utilizar tecnoloxías innovadoras. A súa implementación promove melloras na calidade do mantemento e na seguridade do sistema ferroviario.
Volver