Secretaría Uvigo - O papel da tradución audiovisual na normalización do galego.

O papel da tradución audiovisual na normalización do galego.

Data de defensa18/07/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Robert Neal Baxter
Tribunal Titoría: Robert Neal Baxter
ResumoEste traballo explica que importancia ten a tradución audiovisual no proceso de normalización
lingüística dunha lingua minorizada, neste caso a lingua galega. Establécese como ferramenta
normalizadora fundamental para a mocidade baixo o amparo da Carta Europea das Linguas
Rexionais ou Minoritarias impulsada polo Consello de Europa, e a nova Lei Xeral de
Comunicación Audiovisual (Lei 13/2022 do 7 de xullo) aprobada e ratificada polo Goberno de
España. Porén, tamén se analiza que problemas aínda quedan por resolver e póñense en valor
iniciativas independentes coma as da Mesa pola Normalización Lingüística que buscan acadar
unha situación de igualdade entre o galego e o castelán.
Volver