Secretaría Uvigo - A interpretación especializada no mundo do fútbol masculino e a figura do intérprete

A interpretación especializada no mundo do fútbol masculino e a figura do intérprete

Data de defensa18/07/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Robert Neal Baxter
Tribunal Titoría: Robert Neal Baxter
ResumoA interpretación no mundo do fútbol é unha actividade profesional que require unha formación especializada, porén non ten o recoñecemento que debería. O obxectivo deste traballo é analizar cal é a situación da figura do intérprete deportivo e da interpretación no fútbol, ademais de sinalar cal é a oferta de formación e como é a situación do mercado laboral. Tamén se expoñen cales son as modalidades de interpretación máis habituais no fútbol, así como as funcións que desempeña un ou unha profesional da interpretación no día a día da súa profesión e como non adoita ter a visibilidade que merece.
Volver