Secretaría Uvigo - Adaptación dun libro infantil en galego á lectura fácil para unha persoa con discapacidade intelectual profunda

Adaptación dun libro infantil en galego á lectura fácil para unha persoa con discapacidade intelectual profunda

Data de defensa18/07/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Alberto Álvarez Lugrís
Tribunal Titoría: Alberto Álvarez Lugrís
ResumoA accesibilidade é unha necesidade que cada día se presenta máis na nosa sociedade, dado que cada día esta é máis consciente dos diversos tipos de discapacidades que se poden atopar nas persoas. Este traballo céntrase na accesibilidade á literatura para aquelas persoas con discapacidade e dificultade de comprensión lectora. A metodoloxía máis coñecida neste ámbito é a lectura fácil, aínda que non é unha solución que abarque todas as discapacidades e características de cada unha. O obxectivo do traballo era adaptar con este método un libro infantil en galego, titulado O raposo aviador que voa sen motor, para unha persoa con discapacidade intelectual profunda, seguindo uns criterios marcados de diferentes asociacións. Ademais, foi necesario adaptar o medio polo que se vai transmitir o relato debido ás características específicas desa persoa. Esta adaptación dixital provocou que se encontrasen algunhas limitacións no proceso.
Palabras clave: accesibilidade, discapacidade, lectura fácil, comprensión lectora, adaptación
Volver