Secretaría Uvigo - Análise dunha interpretación (ES-EN) dun xuízo penal

Análise dunha interpretación (ES-EN) dun xuízo penal

Data de defensa19/07/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Isabel Del Pozo Triviño
Tribunal Titoría: María Isabel Del Pozo Triviño
ResumoEste traballo de fin de grado ten como obxectivo analizar a actuación e o rendemento dunha intérprete en contextos xudiciais durante un xuízo penal con interpretación español-inglés. Consta dunha parte teórica na que se expón a lexislación internacional, europea e nacional, ademáis dun conxunto de particularidades específicas do ámbito xudicial no que se tratan dificultades do procedemento, competencias para interpretar neste ámbito e, por último, exponse o código deontolóxico según os criterios da APTIJ.
Seguidamente, realízase unha análise e comentario das cuestións máis elementais do obxecto de estudo. Esta análise e comentario seguen os criterios fundamentais expostos no proyecto TIPp do grupo de investigación MIRAS (2017). Por último, preséntase unha discusión dos resultados obtidos a partir da previa análise e unha conclusión xeral do traballo.
Palabras clave: dereito a interpretación, Directiva 2010/64/UE, interpretación xudicial, competencias para a interpretación xudicial, boas prácticas en interpretación.
Volver