Secretaría Uvigo - A prensa francesa e a figura do intérprete durante a República Radical (1889-1914)

A prensa francesa e a figura do intérprete durante a República Radical (1889-1914)

Data de defensa18/07/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Anxo Fernández Ocampo
Tribunal Titoría: Anxo Fernández Ocampo
ResumoO obxectivo deste traballo é describir a imaxe pública que a prensa francesa construíu do intérprete/tradutor entre 1889 e 1914. Durante este período, Francia experimentou importantes cambios políticos, económicos e sociais, o que xerou unha maior necesidade de comunicación entre diferentes culturas e linguas. A súa expansión colonial, o turismo de masa e as exposicións internacionais foron factores que contribuíron a unha maior interacción entre persoas de diferentes orixes culturais. O estudo centrarase na análise de diferentes fontes, como artigos periodísticos, ensaios e libros, para identificar como se percibiu e se representou ao intérprete/tradutor na prensa francesa da época. Ademais, examinaranse indicios do impacto que tivo a figura do intérprete/tradutor na opinión pública francesa e na forma na que se entendía a comunicación intercultural.
Volver