Secretaría Uvigo - A tradución audiovisual. Análise das dificultades na dobraxe do inglés ao castelán e ao galego dunha serie de humor: The IT Crowd.

A tradución audiovisual. Análise das dificultades na dobraxe do inglés ao castelán e ao galego dunha serie de humor: The IT Crowd.

Data de defensa18/07/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Joan Miquel Verges
Tribunal Titoría: Joan Miquel Verges
ResumoO presente traballo de Fin de Grao busca demostrar que traducir unha serie de humor supón un reto para o/a tradutor/a, así como comprobar a adquisición das competencias necesarias para poder facer unha análise exhaustiva dunha tradución profesional. Consideramos de especial interese as series que pertencen ao xénero da comedia, xa que nos últimos anos atraen a atención tanto do público como da crítica. Neste traballo imos tratar o campo da tradución encargado de traducir este tipo de produtos: a tradución audiovisual (TAV), e, en concreto, centrarémonos nunha das súas modalidades: a dobraxe. Trataremos tamén o humor, os retos que supón a súa tradución e a tipoloxía de humor utilizada no produto analizado. Este traballo baséase nunha análise das dificultades da tradución na dobraxe ao castelán e ao galego da serie The IT Crowd.

Palabras chave
Tradución multimedia, dobraxe, humor, cultura, The IT Crowd.
Volver