Secretaría Uvigo - Proposta de tradución ao galego e comentario de tradución dun fragmento de Cher Connard de Virginie Despentes

Proposta de tradución ao galego e comentario de tradución dun fragmento de Cher Connard de Virginie Despentes

Data de defensa20/09/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana Luna Alonso
Tribunal Titoría: Ana Luna Alonso
ResumoNeste Traballo de Fin de Grao (TFG) preséntase unha proposta de tradución cara ao galego dun fragmento da novela epistolar Cher Connard (Grasset, 2022), a última publicación da autora francesa Virginie Despentes, xunto co comentario tradutolóxico dos elementos que ofreceron maior dificultade de transvase. O traballo pretende expoñer os problemas que poden xurdir ao traducir obras nas que a linguaxe coloquial está moi presente e que parten dende unha perspectiva feminista. En primeiro lugar e partindo dunha base teórica, explícase cales son as características da literatura epistolar; en segundo lugar, preséntase algunhas das características da tradución literaria e o uso da linguaxe coloquial na novela de Despentes afondando na autora e na súa obra; deseguido exponse a proposta de tradución en galego cun comentario sobre as dificultades de tradución e, para rematar, formúlanse as conclusións ás que se chegou.

Palabras claves: novela epistolar - linguaxe coloquial - feminismo - correo electrónico - homosexualidad
Volver