Secretaría Uvigo - Unha análise crítica feminista sobre a violencia de xénero representada na serie de televisión Normal People

Unha análise crítica feminista sobre a violencia de xénero representada na serie de televisión Normal People

Data de defensa18/07/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Belén Martín Lucas
Tribunal Titoría: María Belén Martín Lucas
ResumoEsta tese examina o retrato da violencia de xénero na serie de televisión Normal People, enfocándonos principalmente na personaxe de Marianne, a cal experimenta este tipo de violencia. A serie explora a complexidade e as problemáticas das relacións durante os últimos anos de adolescencia e idade adulta temperá. Normal People lidia primordialmente coas temáticas da violencia e a sexualidade, sendo o consentemento o factor crucial en calquera análise sobre estes temas. O cine e a televisión foron recoñecidos coma importantes ferramentas na propagación de mitos culturais, e as representacións da violencia de xénero nestes medios pode xogar un papel importante na concienciación pública sobre este tipo de violencia. Esta serie contribue a combater a violencia de xénero ó educar sobre sexo seguro e con protección, e con esceas que enfatizan o consentemento e que sinalan de xeito veraz e aberto a violencia de xénero.

Palabras clave: violencia de xénero, feminismo, sociedade irlandesa, consentemento, relacións, entretemento
Volver