Secretaría Uvigo - Autismo na ensinanza da segunda lingua: O punto de vista dos profesores en prácticas sobre a enisnanza do Inglés a nenos dentro do espectro.

Autismo na ensinanza da segunda lingua: O punto de vista dos profesores en prácticas sobre a enisnanza do Inglés a nenos dentro do espectro.

Data de defensa18/07/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Rosa Alonso Alonso
Tribunal Titoría: María Rosa Alonso Alonso
ResumoActualmente o autismo está máis presente ca nunca nas aulas, polo tanto, os profesores deberían ser conscientes dos métodos que se precisan para ofrecerlles a mellor educación posible aos alumnos con autismo. Neste traballo preténdese coñecer o punto de vista dos profesores en prácticas sobre a ensinanza do inglés aos nenos pertencentes ao espectro autista.
O obxectivo deste traballo é determinar se os profesores en prácticas se ven capacitados ou cualificados para ensinar inglés a nenos con autismo, cales son as súas posicións respecto a recibir información sobre este tema e, por último, se están interesados en realizar prácticas con este tipo de alumnos. Para iso elaborouse un cuestionario dirixido aos estudantes do Máster de profesorado da Universidade de Vigo, cunha serie de preguntas destinadas a avaliar o nivel de preparación dos participantes e a súa predisposición a ser formados máis especificamente neste ámbito.
Volver