Secretaría Uvigo - A Pronuncia das dentais fricativas da língua inglesa por alemáns. Un estudo piloto.

A Pronuncia das dentais fricativas da língua inglesa por alemáns. Un estudo piloto.

Data de defensa19/07/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Rosalía Rodríguez Vázquez
Tribunal Titoría: Rosalía Rodríguez Vázquez
ResumoA disertación replica o estudo levado a cabo por Graeppi e Leemann en 2019. O estudo céntrase na pronuncia das dentais fricativas da lingua inglesa por futbolistas alemáns. As dúas hipóteses expostas son: a) Os futbolistas alemáns que nunca viviron en Inglaterra presentarán unha maior transferencia fonética que aqueles que viviron en Inglaterra, e b) o grao de transferencia fonética que presentan os futbolistas alemáns que viven en Inglaterra será inversamente proporcional ó número de anos que levan no país. Para probar as hipóteses levouse a cabo unha investigación. Nesta, mediante diferentes entrevistas escolléronse varias palabras que contiñan as dentais fricativas, que despois foron analizadas no programa Praat a través de espectrogramas. Os resultados obtidos no estudo foron satisfactorios para a primeira hipótese, pois os futbolistas alemáns que nunca viviron en Inglaterra presentan un maior grao de transferencia fonética que aqueles que viven en Inglaterra. En canto á segunda hipótese, esta non foi verificada xa que os futbolistas que viviron en Inglaterra de 2 a 4 anos presentan unha mellor pronuncia que aqueles que viviron durante 5 ou máis anos. Aínda que unha das hipóteses non se puido confirmar, o resultado do estudo é favorable. Con todo, o estudo desta disertación é pequeno, por iso deberíanse levar a cabo máis estudos sobre este tema.

Palabras clave: Pronuncia, dentais fricativas, dentais fricativas sonoras, dentais fricativas xordas, futbolistas alemáns, língua inglesa, língua alemá, vivir en Alemania, vivir en Inglaterra.
Volver