Secretaría Uvigo - A gramática de Joaquín de San Pedro para hispanofalantes (1769)

A gramática de Joaquín de San Pedro para hispanofalantes (1769)

Data de defensa21/07/2023
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María José Corvo Sánchez
Tribunal Titoría: María José Corvo Sánchez
ResumoEste traballo explora o primeiro método para a aprendizaxe do inglés publicado en España. Unha obra corta publicada en 1769 que marca o inicio dunha tradición xa bicentenaria. A abordaxe ao traballo será dende o punto de vista da historiografía da ensinanza de linguas, así como da lingüística aplicada. O traballo constará de dúas partes, a primeira examinando as circunstancias que levaron a que se producise a obra de San Pedro, e a segunda analizando os contidos do seu manual. Tamén presentará unhas conclusións finais nas que se porá en valor a importancia da obra de San Pedro no ámbito da historiografía da ensinanza de linguas, e unha sección de refrencias, divididas en fontes primarias e secundarias.

Palabras clave: historiografía da ensinanza de linguas, lingüística aplicada, docencia de linguas estranxeiras, manual, España
Volver