Secretaría Uvigo - Máis alá de SENTINEL-2: un enfoque satelital adicional para idenfiticar mareas vermellas nas rías galegas.

Máis alá de SENTINEL-2: un enfoque satelital adicional para idenfiticar mareas vermellas nas rías galegas.

Data de defensa03/07/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Guillermo David Rey González
Cotitoría: Carlos Ulloa Sande
Tribunal Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Secretaría: Borja Conde Carnero
Vogalía: María de las Nieves Lorenzo González
ResumoHoxe en día, hai diversas propostas para empregar fotografías tomadas pola constelación SENTINEL-2 na monitorización de mareas vermellas. O seu principal obxectivo é implementalas, xunto a demais parámetros das augas mariñas, en algoritmos de intelixencia artificial para poder predicir estes fenómenos, que nalgúns casos poden ser prexudiciais para o ser humano.

O principal problema de empregar imaxes de SENTINEL-2, é que non se obteñen fotografías cunha frecuencia tal que o seu uso permita unha correcta monitorización das mareas vermellas, habendo longos períodos de días en que non se obteñen imaxes para poder facer un bo seguimento.

Este TFG propón de forma teórica a creación dunha nova constelación de CubeSats de apoio a SENTINEL-2, para obter imaxes das rías galegas cunha frecuencia acorde ao fenómeno de estudo.
Volver