Secretaría Uvigo - Actividade física e rendemento académico en escolares entre 11- 18 anos: unha revisión sistemática

Actividade física e rendemento académico en escolares entre 11- 18 anos: unha revisión sistemática

AutoríaEzequiel Rodríguez dos Santos
Data de defensa22/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Telmo Silva Alonso
Tribunal Presidencia: Alfonso Gutierrez Santiago
Vogalía: Jorge Juan Viaño Santasmarinas
Secretaría: Virginia Serrano Gómez
ResumoA práctica da actividade física debe converterse nun hábito primordial para as persoas debido ao aumento da inactividade e o sedentarismo, que se relacionan co risco de padecer enfermidades e de mortalidade. Por outra banda, os estudantes a medida que medran abandonan ou reducen a práctia de AF, ao mesmo tempo algúns programas estudantís reducen as horas de educación física.
Por isto, con este traballo buscamos facer unha revisión dos estudos que investigan a relación e os beneficios da AF sobre o RA e desta forma reafirmar a importancia da AF e da EF. Obxetivos: Realizar unha revisión sistemática da literatura científica sobre o efecto da práctica da actividade física sobre o rendemento escolar de rapaces e rapazas entre 11 e 18 anos. A súa vez comprobar si existen diferenzas de xénero e achar cal é o tipo de AF con maior beneficio sobre o RA. Metodoloxía: Fíxose unha revisión sistemática nas bases de datos Google Schoolar e Pubmed. Conclusións: Os estudantes que practicaban AF obtiveron mellores resultados académicos e unha maior frecuencia relacionase con mellores resultados. Obserbase que as nenas practican menos AF que os nenos pero obteñen mellor RA escepto en EF. E por outra banda parece que a actividade física que máis beneficios ten sobre o RA é a actividade aeróbica e o traballo de forza. De todas formas precísase máis investigacións sobre cal é o mellor tipo de AF e as diferenzas de xénero.
Palabras clave: Exercicio físico, aptitude física, adolescencia, pre-adolescencia. e rendemento académico.
Volver