Secretaría Uvigo - The Economy: proposta de tradución e análise

The Economy: proposta de tradución e análise

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Marta García González
Tribunal Titoría: Marta García González
ResumoEste Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal profundar na tradución económica mediante a tradución dun fragmento do manual de introdución á economía "The Economy". Pretendemos, tamén, realizar unha análise tradutolóxica e reflexionar de maneira crítica sobre os principais problemas de tradución que encontramos ao aplicarmos o modelo de análise das dificultades da tradución económica de Pizarro Sánchez. A pesar da utilidade do modelo, chegamos á conclusión de que cumpriría engadir unha nova categoría para abordar a adaptación dos aspectos culturais.

Palabras chave: tradución económica, análise tradutolóxica, Pizarro Sánchez, problemas de tradución, The Economy.
Volver