Secretaría Uvigo - Reescrituras de Garcilaso no teatro do século XVII: arredor dunha silva de Agustín Moreto

Reescrituras de Garcilaso no teatro do século XVII: arredor dunha silva de Agustín Moreto

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: José Francisco Montero Reguera
Tribunal Titoría: José Francisco Montero Reguera
ResumoGarcilaso de la Vega supuxo un antes e un despois na literatura española e, por iso, son moitos os autores que trataron de imitalo ao longo dos séculos. Neste traballo estudouse a influenza do autor en Agustín Moreto, concretamente, nunha das silvas recollidas na súa comedia palatina Primero es la Honra. En primeiro lugar, ofreceuse unha breve contextualización do autor e obra, ademais dun pequeno panorama da complexidade da silva como forma métrica e xénero e da súa paulatina introdución en España. Posteriormente, realizouse a análise métrica e estilística do fragmento dende dúas perspectivas: como funciona na totalidade da comedia e que reescritura se fixo de Garcilaso. O obxectivo, polo tanto, é mostrar as similitudes e diferenzas entre ámbolos autores, a par que dar visibilidade a un dos dramaturgos máis importantes do século XVII que non foi tan estudado como Calderón ou Lope de Vega e que soubo innovar a partir das ideas dos seus predecesores.

Palabras chave: teatro do século XVII, Agustín Moreto, Primero es la honra, Garcilaso, reescritura, silva.
Volver