Secretaría Uvigo - Análise do subtitulado ao galego da película de animación Pinocho de Guillermo del Toro (2022)

Análise do subtitulado ao galego da película de animación Pinocho de Guillermo del Toro (2022)

Data de defensa16/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Lourdes Lorenzo García
Tribunal Titoría: María Lourdes Lorenzo García
ResumoNo presente traballo de fin de grao estudaranse os subtítulos en galego da película animada Pinocho de Guillermo del Toro (2022), un orixinal inglés que se ofrece ao público na plataforma de Netflix e conta cunha versión subtitulada e dobrada en galego. O obxectivo é facer un estudo da norma inicial (Toury, 1980, 1995) e determinar se o traductor adopta unha estratexia de domesticación, de estranxerización, ou si máis ben mostra unha actitude intermedia no continuo que vai de unha á outra elección. Asimesmo, estudaranse as normas operacionais (Toury, 1980, 1995), é dicir, as solucións dadas a problemas de índole lingüístico-cultural e pragmático, prestando especial atención á análise da presenza de casos de diferencialismo léxico con respecto a linguas irmás (español e portugués), tal como foi definido por Lorenzo (2000), Lugrís (2001) e Luna (2006). Por último, proporcionarase unha breve análise técnica dos subtítulos seguindo os criterios que recolle Díaz Cintas (2003).
Volver