Secretaría Uvigo - Control de calidade da dobraxe ao galego de Pinocchio (Guillermo del Toro e Mark Gustafson, 2022)

Control de calidade da dobraxe ao galego de Pinocchio (Guillermo del Toro e Mark Gustafson, 2022)

Data de defensa16/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Lourdes Lorenzo García
Tribunal Titoría: María Lourdes Lorenzo García
ResumoO presente traballo consiste nun control de calidade da dobraxe ao galego de Pinocchio (Guillermo del Toro e Mark Gustafson, 2022). A finalidade é conseguir acadar dous obxectivos: o primeiro deles, determinar se a dobraxe galega se realizou con éxito e, o segundo, detectar se a tendencia diferencialista da tradución literaria ao galego se pode observar no ámbito audiovisual. Para iso, analizáronse todos os problemas de tradución detectados na versión orixinal empregando a combinación das clasificacións de Chaume (2004) e Nord (2008), ademais das solucións utilizadas pola tradutora por medio da clasificación de Molina e Hurtado (2002).

Palabras clave: tradución audiovisual; dobraxe; galego; películas infantís; películas de dobre receptor.
Volver