Secretaría Uvigo - Exemplo práctico de adaptación a Lectura Fácil de O neno can (Fina Casalderrey e Francisco Castro, 2012)

Exemplo práctico de adaptación a Lectura Fácil de O neno can (Fina Casalderrey e Francisco Castro, 2012)

Data de defensa16/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Lourdes Lorenzo García
Tribunal Titoría: María Lourdes Lorenzo García
ResumoPoderiamos considerar o que levamos de século XXI como unha das épocas máis potenciadoras da creación de produtos accesibles da historia. En concreto, este traballo, cubrirá a lectura fácil co obxectivo de visibilizar esta disciplina e realizar unha análise dos principais problemas que lles xorden ás persoas con discapacidade cognitiva. Ademais, realizarase unha estudo das distintas estratexias e técnicas que hai que seguir para erradicar eses problemas. Esta estudo realizarase por medio da adaptación do libro O neno can de Fina Casalderrey e Francisco Castro. Antes de comentar os resultados da adaptación, reflexionarase sobre a importancia da lectura e a súa achega ao desenvolvemento de todas as persoas. Para levar a cabo a adaptación realicei un estudo sobre esta disciplina e seguín as pautas de redacción e deseño proporcionadas pola norma
UNE 153101EX: 2018. Como consecuencia da realización deste traballo constatei cales son as principais dificultades textuais das persoas con discapacidade cognitiva e cales son as mellores estratexias que hai que levar a cabo. Por último, tamén verifiquei a necesidade dun proceso de validación composto polo mesmo público obxectivo deste contido para asegurar que se cobren as súas necesidades reais.

Palabras clave:
Lectura fácil, validador, discapacidade intelectual, accesibilidade cognitiva, participación.
Volver