Secretaría Uvigo - Aproximación ao tratamento da muller no refraneiro galego e inglés: unha ferramenta para a tradución de paremias entras as dúas linguas

Aproximación ao tratamento da muller no refraneiro galego e inglés: unha ferramenta para a tradución de paremias entras as dúas linguas

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Robert Neal Baxter
Tribunal Titoría: Robert Neal Baxter
ResumoEste Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo indagar, aínda que sen profundar completamente, na imaxe que se reflicte da muller tanto no refraneiro galego como no anglófono. Para isto, foi necesario primeiramente, introducir os termos teóricos que nos concirnen para entender o refrán, así como resumir a súa historia, tanto na literatura galega como na anglófona. A seguir, estudáronse libros de refraneiros nas dúas linguas para así, analizar os tópicos que se refiren á muller e achegar equivalentes entre os dous idiomas.

Esta labor nace có obxectivo de establecer, se é que a hai, unha similitude entre a visión do sexo feminino nos dous refraneiros de traballo e converterse, como consecuencia, nunha fonte de traballo para os tradutores e tradutoras.
Volver