Secretaría Uvigo - Avaliación da calidade dos sutítulos en directo accesibles do Parlamento Europeo: análise empírica e resultados no marco dun proxecto de investigación colaborativo

Avaliación da calidade dos sutítulos en directo accesibles do Parlamento Europeo: análise empírica e resultados no marco dun proxecto de investigación colaborativo

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Luis Alonso Bacigalupe
Tribunal Titoría: Luis Alonso Bacigalupe
ResumoO Interlingual Live Subtitling (ILS) é un servizo emerxente, para a accesibilidade ou de tradución, que consiste na subtitulación de eventos en directo á mesma lingua na que se emite o orixinal ou a outra, respectivamente, que o Parlamento Europeo (PE) está a implantar como parte dos servizos lingüísticos que ofrece. Existen varios workflows ou métodos de traballo, máis ou menos automatizados, mediante os cales se pode proveer o servizo de ILS. Para valorar a eficacia e a precisión de dous destes métodos de cara a asesorar ao PE nesta implantación, a Universidade de Vigo, a Universidade de Amberes e un representante do Instituto Superior de Contabilidade e Administraçao de Porto (ISCAP) levaron a cabo un proxecto de investigación en colaboración co organismo, que consistiu na análise empírica, mediante os modelos NER e NTR, de mostras de subtítulos xerados polo Parlamento mediante ambos worflows de cara a avaliar a súa calidade. Tras unha aproximación teórica ao panorama actual dos servizos lingüísticos, de tradución e interpretación e de accesibilidade, así como á función que estes cumpren na comunicación e no contexto concreto da Unión Europea, preséntanse os materiais analizados, os suxeitos, os instrumentos de análise e a metodoloxía adoptada para levar a cabo a investigación, e procédese a describir con detalle o proceso de análise e os resultados obtidos.
Volver