Secretaría Uvigo - O control de calidade do live captioning nel Parlamento Europeo

O control de calidade do live captioning nel Parlamento Europeo

Data de defensa19/07/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Luis Alonso Bacigalupe
Tribunal Titoría: Luis Alonso Bacigalupe
ResumoO presente traballo aborda o control de calidade do live captioning realizado no Parlamento Europeo con dous workflows diferenciados, tanto automático, como semiautomático. En primeiro lugar realízase unha contextualización teórica achega do exercicio da interpretación e as súas implicacións cognitivas, explicadas polo modelo de esforzos de Gile. A posteriori realízase un repaso da historia da interpretación e móstrase a orixe da interpretación de conferencias, o nacemento dunha profesión, marcando como evento central a celebración dos xuízos de Núremberg. Na segunda parte do traballo abórdase o funcionamento do Parlamento Europeo e a súa política lingüística, ademais realízanse uns apuntamentos acerca das ferramentas de intelixencia artificial implicadas no proxecto. A continuación exponse o tema central deste traballo: en que consiste o live captioning empregado no Parlamento e o seu control de calidade mediante os test NER e NTR. Presentaranse os test realizados xunto cos seus resultados. Finalmente, inclúense as conclusións extraídas acerca dunha posible tendencia de futuro da profesión de intérprete.

Palabras clave: live captioning, interpretación simultánea, Parlamento Europeo, automatic speech recognition, tradución automática, test NER, test NTR, intelixencia artificial
Volver