Secretaría Uvigo - Subtitulaxe do documental "A mestra de escola"

Subtitulaxe do documental "A mestra de escola"

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Liliana Valado Fernández
Tribunal Titoría: Liliana Valado Fernández
ResumoNeste traballo abordaremos un proceso de tradución audiovisual (TAV), veremos que preparativos son precisos para levalo a cabo e analizaremos as diferentes dificultades que xurdan ao longo da subtitulaxe. Para isto, simularemos un encargo de TAV para subtitulaxe do filme galego «A mestra de escola», un documental que narra a vida de diferentes mestras e alumnas galegas, tanto actuais como xubiladas. Primeiramente veremos o marco teórico, onde veremos as diferentes técnicas a seguir e despois o marco práctico, onde comezaremos xa o noso proxecto tradutivo e poremos en práctica as técnicas anteriormente mencionadas. Por último, veremos as conclusións ás que se chegaron ao realizar unha simulación dun proxecto TAV.
Palabras chave: tradución audiovisual (TAV), subtitulaxe, texto orixinal (TO), texto meta (TM), provedor de servizos de tradución (PST), documental, filme, caracteres por segundo (CPS), caracteres por liña (CPL)
Volver