Secretaría Uvigo - A dobraxe nas series de ficción: Análise da tradución do primeiro episodio de Miércoles (2022) ao español

A dobraxe nas series de ficción: Análise da tradución do primeiro episodio de Miércoles (2022) ao español

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Xoán Manuel Montero Domínguez
Tribunal Titoría: Xoán Manuel Montero Domínguez
ResumoNa actualidade, a tradución audiovisual gana cada vez máis terreo en comparación cos demais métodos de transmisión de información. O avance incesante cara a un mundo dixital e a necesidade de obter un produto con rapidez, dan como resultado unha primacía evidente das plataformas dixitais como método preferido para acceder a documentos audiovisuais. Así mesmo, para asegurar a prosperidade desta tendencia, é de vital importancia establecer unha ponte entre culturas. Por tanto, resulta indispensable identificar as dificultades existentes relativas á tradución audiovisual e, en concreto, para a dobraxe, pois é a primeira modalidade escollida en España para a visualización de produtos audiovisuais. Por conseguinte, escolleuse a serie Miércoles (2022) como obxecto de estudo, debido ao carácter predominante da ficción e a súa recente estrea. Esta análise cuantitativa enfocarase nas distintas aplicacións de cada técnica de tradución, así como na súa eficacia no cumprimento das necesidades da audiencia.

Palabras clave: tradución audiovisual, dobraxe, Miércoles, dificultades de tradución, técnicas de tradución
Volver