Secretaría Uvigo - Recolección e análise da toponimia e microtoponimia das parroquias de Santo Estevo de Valcarría, San Xiao de Landrove, Santa María de Galdo, Santo André de Boimente, Santa María de Chavín, San Pedro de Viveiro e Santa María de Magazos (Viveiro)

Recolección e análise da toponimia e microtoponimia das parroquias de Santo Estevo de Valcarría, San Xiao de Landrove, Santa María de Galdo, Santo André de Boimente, Santa María de Chavín, San Pedro de Viveiro e Santa María de Magazos (Viveiro)

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Xosé María Gómez Clemente
Tribunal Titoría: Xosé María Gómez Clemente
ResumoEste traballo consiste na recollida e na posterior análise de topónimos e microtopónimos de Valcarría, Landrove, San Pedro, Santo Andrés de Boimente, Chavín e Magazos, todas elas parroquias de Viveiro. A fonte principal son escrituras e partillas antigas, mais tamén se empregou o saber popular á hora de recoller e compilar estes nomes de lugar. Algún destes topónimos e microtopónimos foron castelanizados no século XX, polo que gran parte deste traballo consiste tamén en determinar a forma galega e idiomática de cada un deles. Ademais, cómpre aproveitar a existencia de Galicia Nomeada, unha plataforma que recompila topónimos e microtopónimos de toda Galicia e, por iso, todos estes nomes de lugar serán engadidos a esta plataforma en liña, para asegurar así a súa continuidade.
Volver