Secretaría Uvigo - Análise comentada e proposta de tradución da obra Monet und seine Freunde: 13 Impressionisten die du kennen solltest ao español

Análise comentada e proposta de tradución da obra Monet und seine Freunde: 13 Impressionisten die du kennen solltest ao español

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Silvia Montero Küpper
Tribunal Titoría: Silvia Montero Küpper
Secretaría do centro: Miguel Cuevas Alonso
ResumoEste traballo fai referencia ao libro infantil de arte Monet und seine Freunde: 13 Impressionisten die du kennen solltest. Trátase dunha obra escrita en alemán por Florian Heine e publicada no 2015. Ofrece un marco xeral dos aspectos máis relevantes de finais do século XIX, enfocándose no movemento artístico do impresionismo. Así mesmo, describe brevemente os feitos máis salientables da vida de trece artistas pertencentes a esta corrente pictórica, ao mesmo tempo que analiza sen demasiado detalle algunhas das súas obras. Tras unha introdución acerca dos obxectivos do presente traballo, o autor do libro e unha contextualización da tradución da literatura infantil e xuvenil, procédese á realización dunha análise pretraslativa de acordo cos parámetros de Nord (2012). Posteriormente, expóñense os diversos problemas de tradución localizados no texto coas súas respectivas solucións achegadas e finalmente unha proposta de tradución das páxinas 1-27 desta obra.
Volver