Secretaría Uvigo - Dicionario de lactación materna

Dicionario de lactación materna

Data de defensa15/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos
Tribunal Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos
ResumoEste Traballo de Fin de Grao é un dicionario monolingüe en galego con equivalencias en inglés, francés e castelán de lactación materna. O obxectivo principal é crear unha ferramenta coa que poder redactar e traducir textos sobre a lactación materna de maneira apropiada. O traballo consiste no dicionario e o comentario terminolóxico do mesmo. En primeiro lugar, creouse un corpus de baleirado do que se extraeron os termos do dicionario. Despois creouse un ficheiro terminolóxico que figura como anexo. A continuación creouse o dicionario coas equivalencias nas linguas de traballo e o comentario terminolóxico onde se expoñen os problemas que se atoparon á hora de elaboralo.

Palabras chave: dicionario terminolóxico, terminoloxía, lactación materna, crianza
Volver