Secretaría Uvigo - Propostas de tradución ao español das fichas bibliográficas de manuais tipográficos franceses citados por Jean Méron

Propostas de tradución ao español das fichas bibliográficas de manuais tipográficos franceses citados por Jean Méron

Data de defensa14/06/2023
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Jose Yuste Frías
Tribunal Titoría: Jose Yuste Frías
ResumoA ortotipografía é moi importante á hora de redactar un texto, xa que sen ela os textos carecerían dunha comunicación efectiva, ao converterse en ilexibles. Sen o conxunto de regras de composición tipográfica, maquetación e edición, a publicación de textos sería imposible. A intención deste TFG é a de presentar unha serie de propostas de tradución ao español das fichas bibliográficas dos manuais en francés citados por Jean Méron no seu magnífico libro titulado «Orthotypographie: recherches bibliographiques», co fin de pretender achegar os manuais ortotipográficos franceses ao público hispanofalante. Ademais de achegar a ortotipografía francesa a outras linguas, as máis de 110 páxinas que ocupan as nosas propostas de tradución ao español das 144 fichas bibliográficas francófonas que presentamos neste TFG buscan ofrecer unha visión global das principais diferenzas entre ortotipografía, tipografía e ortografía así como entender o papel clave que xoga a ortotipografía no mundo da paratraducción.
Volver